Wednesday 01 de May de 2024

O Concello de Touro súmase á celebración do Día Internacional da Muller


O Concello de Touro sumouse hoxe á celebración do Día Internacional da Muller. O departamento de Servizos Sociais do Concello organizou durante todos estos días unha serie de charlas sobre a igualdade entre homes e mulleres nos diferentes eidos da sociedade. Unha das conferencias (na foto) estivo dirixida aos maiores. Tamén falaron os expertos para os máis pequenos, aos que trataron de destacar a relevancia da muller na sociedade gallega e máis ainda no rural, onde a muller asume un papel protagonista que moita veces non se ve compensado co mesmo salario ou recoñecemento que por exemplo sí reciben os homes. Todos os anos o Concello de Touro e o seu departamento de Servicios Sociais lémbrase da muller no seu día e programa unha serie de actividades.